CulturaCulturaEducaciónEntroido 2021Última horaVídeos

Os centros escolares de Viana crean o “Fulión de Comadres 2021” virtual

No vídeo mobilizaron a unhas 120 persoas que tocan dende a casa para manter vivo o espírito do Entroido

 

Viana é un deses lugares nos que o Entroido lévase no sangue. Dende os maiores de cada unha das aldeas do municipio, ata os máis pequenos. Por iso, malia a pandemia es as restricións que obrigaban a cancelar as actividades de carácter multitudinario e de contacto, a sociedade non deixa de argallar iniciativas para manter o espírito entroideiro neste peculiar ano.

Un exemplo témolo no vídeo dun fulión virtual creado entre o CEIP Bibei e o IES Carlos Casares, no que mobilizaron a unhas 120 persoas “para tocar dende a casa, montado ao milímetro para que soe continuo”, explica Ovidio Villar, responsable de actividades do instituto de Viana do Bolo.

O vídeo do “Fulión de Comadres 2021” foi publicado o Xoves de Comadres (o pasado 11 de febreiro). “Queremos que todas as persoas estean con nós o Entroido que vén. E a fariña non caduca!”, aseguran os seus creadores.

 

 

 

Artigos relacionados

Back to top button