
Dende onte podían verse xa nas rúas do Barco as imaxes da nova campaña publicitaria lanzada polo Barco Centro Comercial Aberto e cuxos protagonistas son os clientes dos establecementos da vila. “Con estas imaxes poñemos en valor o noso sector comercial, hostaleiro e de ocio; pero tamén aqueles puntos de interese turístico do Barco de Valdeorras”, din dende esta entidade, que preside Jacobo Arias.
Fotos: A.R.

