EconomíaEconomíaPizarraÚltima hora

Os clústeres da lousa, granito e madeira avalían coa Xunta novas vías de colaboración

O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, mantivo un encontro cos representantes destas organizacións empresariais para buscar sinerxías na utilización destes produtos sostibles en eidos como a construción

Palé de lousa./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, acompañado polo director da Axencia Galega da Industria Forestal (Xera), Ignacio Lema, mantivo esta semana un encontro con representantes dos clústeres do granito, da lousa e da madeira e do deseño co obxectivo de avaliar novas vías de colaboración para impulsar a utilización de forma conxunta destes materiais autóctonos e naturais.

Na xuntanza estudáronse diferentes vías para buscar sinerxías entre estes sectores industriais estratéxicos para Galicia, en eidos como a construción, poñendo en valor na sociedade a súa calidade, deseño, innovación e sustentabilidade.

Na reunión, o goberno galego trasladou aos representantes das agrupacións empresariais o seu compromiso coa industria da madeira, a lousa e o granito, e con todas aquelas iniciativas que fomenten a súa competitividade, produtividade e posicionamento dentro e fóra de Galicia, favorecendo ao mesmo tempo a creación e consolidación de postos de traballo, así como a xeración de oportunidades no rural.

Artigos relacionados

Back to top button