EconomíaEconomíaEn portadaÚltima hora

Os comercios do Barco CCA converteranse en puntos violeta de axuda a vítimas de violencia de xénero

Esta entidade vén de asinar cun convenio neste senso co Concello e os seus asociados instalarán pegatinas nos escaparates cun código QR que permitá a acceder de forma directa á información para pedir apoio

 

A partir da vindeira semana os escaparates dos comercios asociados ao Barco Centro Comercial Aberto (CCA) converteranse en puntos violeta de axuda a vítimas de violencia de xénero, no marco da celebración do 25N, Día Internacional contra a Violencia de Xénero. Nos seus escaparates instalaranse pegatinas de color morado cun código QR que darán acceso, a través do teléfonosmóbil, a toda a información precisa para solicitar axuda e os mecanismos posibles para poder facelo.

Así se anunciaba esta mañá nunha rolda de prensa conxunta do Concello do Barco e do Barco CCA na que, ademais, se asinaba o convenio entre ambas partes que fará posible esta colaboración. Neste acto participaban o concelleiro de Servizos Sociais do Concello do Barco, Orlando Saavedra, o alcalde, Alfredo García, e a edil de Comercio, Alba Rodríguez; así como o presidente do Barco CCA, Jacobo Arias, e a súa xerente, María Fidalgo.

“Nas cristaleiras de cada un dos comercios porase unha pegatina que identificará a ese local como un lugar seguro”, resaltaba Orlando Saavedra, que agradecía o apoio e a implicación do CCA nesta iniciativa. Pola súa anda, o presidente desta asociación destacaba a gran acollida desta proposta entre os seus asociados. “A resposta foi inmediata cando se lles presentou, todos dixeron que si de maneira moi rápida a esta colaboración”, dicía Jacobo Arias, agradecido tamén de que o Concello pensara no CCA para levar a cabo este proxecto.

Así mesmo a esta campaña tamén se suma a empresa da ORA, que instalará pegatinas co código QR nos seus parquímetros, tal e como indicaba o alcalde do Barco, que agradecía así mesmo o seu apoio.

Fotos: A.R.

Artigos relacionados

Back to top button