CulturaCulturaEntroido 2021Última hora

Os Compadres “conviventes” de Celavente (O Bolo)

 

Nun ano normal, o Xoves de Compadres marcaría o inicio do Entroido en Celavente (O Bolo) co colgamento do meco na estrada principal da vila; o Xoves de Comadres colgarían á parella; e xa o Domingo de Entroido sairía a comparsa musical encabezada polo Touro e o Xigante.

Mais este non é un ano normal e a pandemia obrigaba a suspender a saída do domingo, polo que as figuras centrais da festa nesta localidade bolesa terán que agardar outro ano sen festa. Pero os que non se fixeron de rogar foros os Compadres.

O xoves 4 de febreiro chegaba o Compadre, que agardaba pacientemente pola amada no alto dunha escaleira. A Comadre colocábana unha semana despois, o xoves 11 de febreiro e hoxe, xa están os dous xuntiños nun banco, sen ter que gardar as distancias pois, polo visto, son conviventes.

 

Os Compadres de Celavente.

Artigos relacionados

Back to top button