EconomíaEconomíaÚltima hora

Os concellos afectados polo lume de xullo en Valdeorras, declarados zona catastrófica

En Galicia a declaración acordada polo Consello de Ministros afecta ao territorio danado polos 20 grandes incendios declarados entre o 15 de xullo e o 10 de agosto

Unha das casas da Veiga de Cascallá (Rubiá), que ardían no incendio./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

O Consello de Ministros celebrabado neste martes vén declarar zona afectada gravemente por emerxencias de protección civil (ZAEPC) aos concellos afectados polos grandes incendios deste verán, entre eles aos municipios devastados polo lume que afectaba a Valdeorras a mediados de xullo.

O Consello de Ministros acordaba declarar zonas afectadas gravemente por emerxencias de protección civil (ZAEPC) as comunidades autónomas de Andalucía, Aragón, Illes Balears, Canarias, Castela e León, Castela-A Mancha, Cataluña, Valencia, Estremadura, Galicia, Madrid, Región de Murcia, Comunidade Foral de Navarra, País Vasco e A Rioxa, que desde o pasado 12 de xuño sufriron en total 119 incendios forestais.

En Galicia, o territorio incluído na declaración de ZAEPC é todo o afectado polos 20 grandes incendios declarados entre o 15 de xullo e o 10 de agosto que se enumeran a continuación. Trátase de 9 lumes en Ourense, 5 en Pontevedra, 3 na Coruña e 3 en Lugo que, en moitos casos, afectaron a varios concellos cada un.

A listaxe seguinte identifica cada incendio co nome do municipio no que se orixinou, aínda que as axudas esténdense igualmente ao resto de concellos afectados por eses lumes.

Incendios forestais recollidos no Real Decreto no caso de Galicia

Ourense

• 14/07 Carballeda de Valdeorras
• 16/07 Oímbra (Rabal)
• 16/07 Oímbra (Videferre)
• 27/07 Castrelo de Miño
• 3/08 Verín
• 9/08 Chandrexa de Queixa
• 10/08 O Irixo
• 10/08 Laza-Chandrexa de Queixa
• 10/08 Boborás

A Coruña

• 4/08 Boiro
• 5/08 Ames
• 9/08 As Pontes de García Rodríguez

Lugo

• 15/07 Folgoso do Courel
• 15/07 @A Pobra de Brollón
• 17/07 Palas de Rei

Pontevedra

• 30/07 Arbo
• 31/07 A Cañiza
• 3/08 Arbo – Barcela
• 4/08 Caldas de Reis
• 5/08 Ponche-Caldelas

En todos os casos, estes incendios alcanzaron tal gravidade que a comunidade se viu obrigada a activar os seus plans de protección nunha situación operativa de niveis 1 ou 2, tal e como establece o Plan Estatal Xeneral de Emerxencias (PLEGEM).

Axudas

As medidas de recuperación previstas neste acordo, e cuxa execución corresponde ao Ministerio do Interior, son as seguintes:

• Axudas por falecemento ou por incapacidade absoluta e permanente, por valor de 18.000 euros.

• Axudas por destrución total da vivenda habitual ata unha contía máxima de 15.120 euros.

• Axudas por danos que afecten á estrutura da vivenda habitual, ata o 50 por cento da súa valoración técnica e cun límite de 10.320 euros.

• Axudas por danos que non afecten á estrutura da vivenda habitual, ata o 50 por cento da súa valoración técnica e cun límite de 5.160 euros.

• Axudas por destrución ou danos nos aveños domésticos de primeira necesidade da vivenda habitual, para a súa reposición ou reparación, cun límite de 2.580 euros.

• Axudas por danos en elementos comúns de uso xeral dunha comunidade de propietarios en réxime de propiedade horizontal, ata o 50 por cento da valoración técnica efectuada polo Consorcio de Compensación de Seguros e cun límite de 9.224 euros.
• Axudas a persoas físicas ou xurídicas que realizasen prestacións persoais e de bens: o importe total dos gastos.

• Axudas aos titulares de establecementos industriais, mercantís e de servizos, incluídos os agrarios, marítimo-pesqueiros e turísticos: ata 9.224 euros.

• O acordo tamén prevé a posibilidade de que se aprobe unha exención das taxas do Organismo Autónomo Xefatura Central de Tráfico para duplicados de permisos de circulación ou condución, así como baixas de vehículos sinistrados.

Outras medidas

O acordo aprobado polo Consello de Ministros prevé a adopción doutras medidas de axuda, condicionadas ao que establezan as ordes ministeriais ditadas por cada un dos diferentes departamentos competentes para desenvolvelas:

• Os distintos departamentos ministeriais poderán declarar determinadas zonas de actuación especial, así como a emerxencia das obras necesarias para reparar os danos causados por calquera destes sinistros en infraestruturas de titularidade estatal comprendidas no seu ámbito de competencias.

• O real decreto prevé a concesión de axudas por danos en producións agrícolas, gandeiras, forestais e de acuicultura mariña.

• Beneficios fiscais: o Ministerio de Facenda e Función Pública concretará a exención na cota do Imposto sobre Bens Inmobles e a redución na cota do Imposto sobre Actividades Económicas que corresponden aos receptores destas axudas, que como é habitual estarán exentas do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas as axudas por danos persoais.

• Medidas laborais e de Seguridade Social: os ministerios de Traballo e Economía Social e de Inclusión, Seguridade Social e Migracións poderán desenvolver medidas laborais e de Seguridade Social como bonificacións e exencións de cotas de Seguridade Social.

• Axudas ás corporacións locais: as entidades locais recibirán axudas, por un importe de ata o 50 por cento, aos proxectos que executen as entidades locais para reparar infraestruturas, instalacións e equipamentos municipais.

Unha vez que se elabore un informe detallado sobre os danos causados por estes incendios forestais e dispóñase dunha valoración técnica da súa contía, o Goberno, en colaboración coas administracións autonómicas e locais, poderá completar este real decreto coa adopción doutras medidas complementarias ás adoptadas polas administracións territoriais ás que corresponde a competencia en materia de protección civil.

Artigos relacionados

Back to top button