Chandrexa de QueixaConcellosManzanedaSan Xoán de RíoÚltima hora

Os Concellos de Río, Manzaneda e Chandrexa únense para traballar en proxectos supramunicipais

A primeira das accións que teñen previsto desenvolver en conxunto é "Proxectos tractores para afrontar o reto demográfico e a loita contra a despoboación"

Os alcaldes de Manzaneda, Chandrexa e San Xoán de Río, tras o acordo asinado neste venres.

 

Neste venres 11 de decembro os alcaldes de San Xoán de Río, Xosé Miguel Pérez; Manzaneda, Amable Fernández; e Chandrexa de Queixa, Francisco Rodríguez, acordaban que estes tres concellos se organizarán “conxuntamente tanto para proxectos supramunicipais como para proxectos para percibir os fondos europeos”, tal e como adiantan.

O alcalde de Río cualifica de “histórico este vernes” polo acordo entre estes concellos das Terras de Trives, que se acadaba nun encontro na Casa Consistorial de Chandrexa.

A primeira das accións que teñen previsto desenvolver en conxunto os tres concellos é a referida a “Proxectos tractores para afrontar o reto demográfico e a loita contra a despoboación”.

Fotos cedidas.

 

O acto tiña lugar na Casa do Concello de Chandrexa de Queixa.

Artigos relacionados

Back to top button