OurenseÚltima hora

Os concesionarios oficiais da provincia danse cita no 8º Salón do Automóbil

A fin de semana do 18 ó 20 de novembro celebrarase o Salón do Vehículo Novo e do 25 ó 27 de novembro o de Ocasión, en Expourense
Presentación do 8º Salón do Automóbil en Expourense.
Presentación do 8º Salón do Automóbil en Expourense.

Todos os concesionarios da provincia de Ourense pertencentes á Asociación de Concesionarios de Automóbiles de Ourense, A.C.A.U.T.O., participarán como expositores no 8º Salón do Automóbil que se celebrará durante dúas fines de semana seguidas en Expourense.

Dende o 18 ó 20 de novembro terá lugar o Salón do Vehículo Novo, e dende o 25 ó 27 de novembro o do Vehículo de Ocasión. Trátase de dúas citas vencelladas cun dos sectores comerciais de maior peso na provincia de Ourense, o da automoción, que está organizado de forma conxunta entre Expourense e A.C.A.U.T.O. Todas as marcas aproveitarán a súa presenza nesta cita para presentar os últimos lanzamentos e os vehículos que se van comercializar de cara a campaña do 2017. En total, estarán presentes 17 empresas que representan a 26 marcas que supoñen o 100% das marcas vendidas en Ourense e o 98% das vendidas en España.

Como incentivo para animar a os visitantes a axilizar o proceso de decisión, a organización volverá sortear, entre os visitantes que pechen a compra dun autómobil novo ou de ocasión nestas citas, un cheque regalo por importe de 6.000 euros a descontar do precio de compra do vehículo adquirido.

 

Os presidentes de A.C.A.U.T.O. e do comité executivo de Expourense.
Os presidentes de A.C.A.U.T.O. e do comité executivo de Expourense.

Estas citas contan co patrocinio de ABANCA e a colaboración do Consello Municipal de Deportes de Ourense que facilitará o reparto de invitacións para visitar o salón entre aqueles corredores, maiores de idade, que participen na Carreira Pedestre Popular do San Martiño que se celebrará este domingo día 20 de novembro.

Outra das novidades deste ano será a colaboración de Expourense e A.C.AU.T.O. con Cáritas Ourense, presentes no Salón cun stand informativo. Por cada vehículo vendido, o concesario correspondente faralle unha doazón a esta entidade. Ademais, se o gañador do bono desconto de 6.000 euros tivera mercado un vehículo por un importe inferior, esa diferencia tamén se destinaría a Cáritas.

Ademais os organizadores colaborarán con Stop Accidentes que contarán cun stand informativo nestas citas e no que entregarán a aqueles interesados un adhesivo que ofrece (segundo a marca e o modelo do coche) unha “Folla de Ruta” que inclúe un plano do vehículo que facilitará o traballo dos bombeiros no caso de que fose preciso realizar unha excarcelación.

Artigos relacionados

Back to top button