CulturaCulturaÚltima hora

Os debuxos hiperrealistas de Emma Traba, no escaparate de Miranda Moda, no Barco

Estarán expostos neste establecemento valdeorrés ata a última semana do mes de outubro

 

Co outono chamando á porta, o escaparate de Miranda Moda, no Barco de Valdeorras, muda de imaxe e unha vez máis a moda e arte alíanse en ‘Mirarte’, un proxecto que promove dende hai anos este establecemento comercial, situado na avenida Conde Fenosa que aposta pola difusión da arte en calquera disciplina: pintura, escultura, fotografía, música, poesía…

Así, dende hoxe e ata a última semana do mes de outubro o seu escaparate integra coidadosamente a moda outonal (cores escuras e cálidas) cunha selección da obra pictórica de Emma Traba, residente no Barco dende hai 12 anos.

Emma defínese a si mesma como “unha apaixoada da arte hiperrealista e autodidacta” e debuxa principalmente con lápices de grafito. O que comezou hai anos como unha afección que unicamente gardaba para ela foi pouco a pouco dándose a coñecer a través das redes e feiras locais e hoxe poden verse en ‘Mirarte’. Retratos, animais, pequenos detalles,… entre as últimas tendencias en moda para home e para muller.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button