PolíticaÚltima hora

Os deputados ourensáns do PP no Congreso critican os retrasos na A-76

Publicidade

 

Os deputados populares ourensáns Celso Delgado Arce e Ana Vázquez Blanco, así como a deputada leonesa Carmen González Guinda, que o pasado 26 de maio formulaban catro preguntas parlamentarias referidas á situación da Autovía A-76, nos tramos que van dende Valdeorras a Ponferrada, consideran que o Ministerio de Transporte “non ten vontade de executala”, tras recibir a resposta do Goberno ás súas cuestións.

Con respecto ao tramo Villamartín de la Abadía-Requejo, os populares apuntan que pola resposta coñecemos que xa finalizou a tramitación da modificación do contrato de asistencia técnica para a redacción do proxecto de construción do tramo pero segue aínda a redacción do proxecto de construción do citado tramo. Lembremos que o MITMA o 3 de xullo de 2019, informábanos por escrito que estaba “en fase de redacción do proxecto de construción”. Dous anos despois non hai avances a pesar de que desde o 13 de febreiro de 2019 este tramo ten aprobado o proxecto de trazado”.

Sobre o tramo Requejo-A Veiga de Cascallá (Rubiá), os deputados populares no Congreso aseguran que “o contrato que tiña por obxecto a redacción dos proxectos de trazado e construción foi formalizado o 28 de abril de 2017 e o prazo de execución era de 18 meses. Debería concluír o 28 de setembro de 2018”.

En canto ao treito A Veiga de Cascallá-O Barco de Valdeorras os populares comentan que “despois do descomunal atraso que acumula este tramo, resulta que o MITMA non concluíu a redacción da addenda (ou modificación) que é necesaria para concluír a redacción do proxecto de construción”.

Finalmente, os parlamentarios do PP refírense ao tramo enlace de Monforte Este-Babela, sinalando que esta actuación “foi licitada gobernando o Partido Popular o 11 de novembro de 2017 sendo o importe neto do orzamento base de licitación de 856.800 € e o prazo de execución era de 18 meses. Tendo en conta que o contrato para a redacción dos proxectos de trazado e construción formalizouse o 7 de setembro de 2018, o prazo de finalización terminaba o 7 de marzo de 2020. Agora o 30 de xuño de 2021 o MITMA responde que segue sen concluír a redacción, o que supón unha superación do prazo contractual de 16 meses”.

Artigos relacionados

Back to top button