OurenseÚltima hora

Os Ecovixiantes de Franciscanas colaboran na horta urbana situada en Montealegre

 

Nesta semana os Ecovixiantes de Franciscanas de Ourense inauguraban a horta urbana. Cedida polo Concello a Ecoloxistas en Acción e Amigas dás Cegoñas, está situado en Montealegre e por dous anos “estaremos convidados a colaborar”, adiantan.

 

 

Así, na xornada do mércores 9 de novembro levaban o material de plantación: pas, sachos, anciños, luvas, plantadores, bolsas… para preparar a horta de inverno. “Limpamos o perímetro da plantación, e a pesar da persistente choiva, puxemos algunha aromática”, explican dende o grupo de voluntariado ambiental, adiantando que tentarán subir moito a colaborar, xa que “é unha actividade que ademais de entretida e divertida, xera grupo, traballo en equipo e socializa. Ademais realizamos hábitos de vida saudable”.

 

 

Dous días antes tocaba un luns máis de tapóns solidarios e acabada a campaña de recollida para Cristina Lestón en Castrelo do Val, centrábanse novamente no centro de recollida da praza Carlos Casares de Xinzo de Limia.

 

 

Ecovixiantes predica as bondades da economía circular, afastándose do usar e tirar. Todos estes tapóns serán reciclados e convertidos novamente en plástico, pero ademais axudarán a nenos e nenas a mellorar a súa calidade de vida”, explican asegurando que ademais reutilizaron botellas de auga converténdoas nos cabichómetros para a recollida de cabichas.”Os pequenos xestos son os que fan do mundo un lugar mellor”, lembran.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button