OurenseÚltima hora

Os Ecovixiantes de Franciscanas comezan o ano cun sinfín de actividades ambientais

 

Cun sinfín de actividades ambientais comezaban o ano os Ecovixiantes de Franciscanas de Ourense. As primeiras da semana, coma sempre eran a clasificación e entrega de tapóns solidarios en Xinzo de Limia, así como a clasificación de envases lixeiros dentro do Plan Proxecta Recíclate con Sogama, lemnrando que o centro escolar é punto de recollida de tapóns solidarios.

Nesta seman realizaban tamén a primeira saída do recén estreado 2023 cunha recollida de cabichas na praza Roja de Barros Sibelo en Ourense. “Foron miles de cabichas retiradas da circulación”, asegura o profesor Gonzalo Sánchez, lembrando que “cada cabicha contamina 50 litros de auga, e que o mar, onde acaban, empieza aquí mesmo”.

Este grupo de ecoloxistas tamén segue fomentando os hábitos de vida saudable practicando hóckey. “Nótase a calidade con varios Ecovixiantes que xogan en equipos con solera, como Barrocás ou Santiago Apóstol”, puntualiza o profesor.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button