OurenseÚltima hora

Os Ecovixiantes de Franciscanas cumpren 25 anos de voluntariado medioambiental

 

A pasada semana, os Ecovixiantes de Franciscanas celebraban os 25 anos cunha fabulosa actividade nos ríos Muño e Loña, descolgando as caixas niño colocadas anos atrás e despois de limpalas volvelas a colocar, acompañados por Nancy Blanco, María e o ambientólogo Raúl.

“As noticias foron moi boas xa que atopamos ocupación de gorrións sobre todo nas 12 caixas controladas”, di o profesor Gonzalo Sánchez engadindo que  ademais realizaron unha batida de limpeza deixando a contorna como unha patena.

Creado en 1998 polo Profesor Gonzalo Sánchez, Ecovixiantes leva realizadas máis de 3.000 actividades de toda índole: sendeirismo, cicloturismo, horto Escolar, charlas, conferencias, plantacións de árbores, limpeza de ríos, basuraleza, recollida de cabichas, caixas niño e ornitoloxía, concursos literarios, coidado da Casa Común, recollida de tapóns solidarios, recollida de pilas usadas, programa Stars España de Desprazamento Sostible e Seguro…

Premios e recoñecementos múltiples a un grupo que nunca perdeu a súa esencia: educar á mocidade en valores patrimoniais, naturais e de ourensanía.

 

 

Una semana máis tarde da celebración, o Colexio Plurilingüe Divina Pastora MM Franciscanas de Ourense realizaba as charlas de sensibilización do Plan Proxecta Clases sen Fume, con Pilar Trabazo da Consellería de Sanidade en Ourense.

O alumnado de 1º e 2º da ESO recibía información con moito rigor neste programa de hábitos saudables, hábitos antitabáquicos (adiccións, droga legal, compoñentes do tabaco, efectos na saúde…). Un aprendizaxe que os Ecovixiantes poñen en práctica recollendo as cabichas das rúas e parques da cidade.

 

 

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button