OurenseÚltima hora

Os Ecovixiantes de Franciscanas de Ourense celebran o Día do Voluntariado no ‘Horto Urbano de Montealegre’

 

Despois de recibir o premio de sostibilidade Aproema, convocado polo Círculo de Empresarios de Galicia, os Ecovixiantes de Franciscanas de Ourense celebraban o Día Mundial do Voluntariado cunha dobre acción. Por unha banda desprazábanse ata o ‘Horto Urbano de Montealegre’ onde, axudados por Nancy Blanco de Ecoloxistas en Acción, plantaron chícharos e prímulas, preparando tamén a zona de céspede. Por outra, participaban na mesma contorna no Proxecto Libera, campaña contra a Basuraleza, co lema “un metro cadrado polo campo, montes e bosques”.

 

 

“Ecovixiantes non fallou en ningunha das catro campañas anuais desde o seu inicio en 2017, e xa van 24 accións ambientais”, asegura o profesor Gonzalo Sánchez, destacando que entre a maleza atoparon unha entulleira incontrolada: televisións, serras, zapatos, roupas, bonecos…

 

 

De forma paralela comezaron xa a celebrar o Nadal, cun regalo moi especial: unha postal elaborada pola famosa scrappera verinesa Chiqui e, ao acabar a xornada, organizaban unha chea de garrafas cos tapóns solidarios traídos ao colexio, demostrando unha vez máis que “son os pequenos xestos os que cambian o mundo”.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button