OurenseÚltima hora

Os Ecovixiantes de Franciscanas de Ourense estrean a horta escolar

 

Os traballos dos Ecovixiantes de Franciscanas de Ourense, tanto de agricultura ecolóxica como de reciclaxe e recollida de lixo, non paran.

Hai un días estreaban a horta escolar que están a poñer a punto. Ademais de plantar e preparar bancais, colocarán varias caixas niño feitas polos cativos e farán comedoiros e bebedoiros de aves. No caso dos máis pequenos, nenos de 4 anos, “cada un levou un saquiño de perexil, botamos a terra, a semente e por último regamos para que medre ben e poidamos levalo para a casa”, explica o profesor Lalo Sánchez.

 

Os pequenos do colexio, na horta escolar.

 

E hoxe, 19 de abril, comezaba unha nova semana para os labores de reciclaxe, como colexio sostenible que é: preparación de libros para liberalos, bookcrossing, no marco da próxima celebración do Día do Libro o venres 23 de abril; recogida e selección de tapóns solidarios para llevalos a Albarellos de Monterrey; e unha nova aportación á campaña de Escoembes “Únete al Reto”, cos envases lixeiros consumidos no colexio.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button