OurenseÚltima hora

Os Ecovixiantes de Franciscanas de Ourense ‘móllanse polos ríos’

 

Unha trintena de Ecovixiantes de Franciscanas de Ourense participaban hoxe na 15ª edición da limpeza simultánea ‘Móllate polos Ríos. No parque Lonia (río Loña) retiraban 227 kg de residuos entre os que se atopaban tuberías, pezas de metal, uralitas, vidro e cabichas, coa coordinación dos profesores

A actividade está rrganización por Adega contando coa colaboración de Ecourense que coma sempre aporta o material para a recollida (bolsas, luvas,…).

 

 

Os Ecovixiantes tamén están inmersos no programa Stars España de Desprazamento Sostible e Seguro e o Plan Proxecta Recíclate con Sogama.

Ademais, como cada semana, o luns 26 de setembro os Ecovixiantes clasificaban 103 kg de tapóns solidarios e 75 kg de pilas usadas levados polo alumnado ao colexio. E debido a que o Centro de Discapacitados Psíquicos de Verín xa non recolle máis tapóns no seu centro ocupacional, de momento foron depositados no Hospital Comarcal de Verín, onde actúa SEUR.

 

 

Ese día, os voluntarios medioambientais tamén construían garrafas para seguir recollendo o material escolar en cada unha das clases do centro educativo.

 

 

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button