OurenseÚltima hora

Os Ecovixiantes de Franciscanas visitan a exposición sobre o universo Beatle, no Marcos Valcárcel

Outro grupo participou nun obradoiro sobre cegoñas na Aula da Natureza de Oira

 

Unha semana máis os Ecovixiantes de Franciscanas de Ourense manteñen a súa actividade medioambiental, nesta ocasión centrada na cegoñas. Da man de Nancy Blanco ornitóloga, cegoñeira e divulgadora ocasional, un grupo participou nun obradoiro con charla incluída sobre estes animais.

 

 

E mentres uns descobrían na Aula da Natureza de Oira detalles sobre os hábitos, os niños, a migración,… e tamén sobre mitología e anécdotas destas simpáticas aves outros acodían ao Centro Cultural Marcos Valcárcel para ver unha interesante exposición, ‘Ao redor do universo Beatle’, con multitude de obxectos do cuarteto de Liverpool.

A exposición convida ao visitante a descubrir os Beatles a través dun mosaico de recordos dun fan anónimo. A mostra céntrase non tanto nunha visión obxectiva da obra desta banda como nunha perspectiva persoal, apaixonada, por veces íntima, da súa historia. As pezas reunidas para a mostra van alén da música para centrarse nas figuras de John, Paul, Ringo e George e os obxectos que rodearon a súa vida e obra, convertidos en iconas culturais, un exemplo de converxencia a través de multitude de plataformas.

 

 

Fotos cedidas.

 

Artigos relacionados

Back to top button