OurenseÚltima hora

Os Ecovixiantes limpan a “zona cero dos magostos” en Ourense

 

Un ano máis varios membros de Ecovixiantes de Franciscanas de Ourense desprazábanse ata a zona cero do magosto ourensán, a zona de Montealegre, para realizar unha “impagable campaña de limpeza, dunha zona moi degradada polos residuos e o lixo que deixan os maleducados, e que ademais se superan cada ano; porque este ano batéronse todos os records”, asegura o profesor Lalo Sánchez.

El mesmo, xunto a Carmen, Luis e Baloo deron unha insuperable lección de coidado da contorna. “Hoxe é a  quenda do alumnado. Ecovixiantes volveremos ata deixar o monte como unha patena”, di Lalo.

Tapóns Solidarios

Antes de subir ao monte e os Ecovixiantes empezaban a semana con tapóns solidarios, numerosos, levados ao Colexio Plurilingüe Divina Pastora onde se clasificaron e embotellado con destino ao CEIP Seixalbo para unha causa de urxente necesidade.

 

 

Fotos cedidas.

 

Artigos relacionados

Back to top button