EconomíaEconomíaÚltima hora

Os empresarios do Polígono da Raña (O Barco) e Abanca colaborarán para “mellorar a viabilidade das empresas”

Ambas entidades veñen de asinar este luns un novo convenio de colaboración

Representantes da asociación empresarial e de Abanca, asinando o convenio./ Foto cedida.

 

A Asociación de Empresarios do Parque Industrial da Raña, no Barco de Valdeorras, vén de renovar, un ano máis, o convenio de colaboración con Abanca. A sinatura deste acordo permitirá á entidade financeira achegarse ás necesidades de crédito do tecido produtivo de Ourense e, especialmente, da comarca de Valderras. Ademais, no marco da crise sanitaria e económica xerada polo Covid-19, este banco comprométese “coa viabilidade e co crecemento dun polígono de grande importancia para a actividade económica e empresarial da zona”, segundo informa a entidade.

O documento foi asinado este luns 21 de decembro polo director da oficina de Abanca no Barco, José Vicente García, e polos representantes da Asociación de Empresarios do Parque Industrial A Raña, Álvaro Blanco López e Juan Manuel Martínez.

A través deste acordo, as empresas adheridas contarán “cun plan de financiamento que responderá de forma integral ás súas necesidades. No texto inclúense produtos e servizos que permitirán acometer investimentos e reforzar a competitividade dos proxectos. Ademais, os empresarios do polígono terán á súa disposición produtos deseñados de xeito específico, como préstamos persoais e hipotecarios ou leasing mobiliario, con amplos prazos de amortización e xuros moi competitivos”, segundo informa a entidade.

Así mesmo, na oferta de Abanca inclúense solucións “para cubrir as necesidades máis inmediatas e desta forma poder adecuarse á actividade produtiva diaria” e os asociación tamén poderán ter as vantaxes do programa “Cero Comisións”.

 

Outro dos momentos da sinatura./ Foto cedida.

Artigos relacionados

Back to top button