EconomíaEconomíaGalerías de fotos

Os empresarios ourensáns manteñen unha xuntanza co embaixador de Israel en España

O obxectivo desta visita institucional é abrir liñas de cooperación entre as empresas galegas e o Estado do Medio Oriente así como achegas culturais, asegurou o embaixador Daniel Kutner

O embaixador de Israel en España, Daniel Kutner, reuniuse na tarde do 4 abril con diferentes membros da corporación Ourensá no Concello. Kutner foi recibido polo alcalde da capital, Jesús Vázquez, no seu despacho. O embaixador atópase estes días de xira por Galicia para poder manter diferentes xuntanzas cos empresarios galegos. O alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, sinalou que o embaixador “quixo, a petición propia, manter xuntanzas máis no ámbito empresarial que político”.

Antes de xuntarse cos empresarios, Jesús Vázquez explicoulle ao embaixador a estrutura empresarial de Ourense, sostida por sectores como a pizarra, o viño, a industria téxtil ou a agricultura. De feito, díxolle o rexedor municipal, “hai una adega en Valdeorras que fai viño kosher”. Os produtos kosher son aqueles que teñen o selo de garantía para que poidan ser consumidos polas persoas de relixión xudía.

Daniel Kutner asegurou que non podía deixar pasar a súa visita a Galicia “sen visitar Ourense, berce de artistas e intelectuais”, dixo. Das conversas que mantivo con diferentes membros do sector da provincia, o embaixador deste país do medio oriente tiña como obxectivo “ver que perspectivas podería haber ce cooperación”. Pola súa parte, informou, explicoulle aos empresarios “o noso modelo económico de innovación” e reiterou que escoitaría aos empresarios “para poder ver que porta podemos abrir para unha cooperación”. Entre devanditas colaboracións, Kunter asegurou que poderían ser tanto empresariais como culturais: “interésanos que a sociedade coñeza mellor Israel coma un país que ten moito que ofrecer na área cultural e de investigación científica”.

Manifestación

A pesar de que o embaixador foi recibido por algúns membros da corporación municipal, Ourense en Común convocou unha manifestación ás portas do Concello para criticar esta recepción. A agrupación liderada por Martiño Xosé Vázquez cualifica de “desvergoña” que o alcalde da cidade, Jesús Vázquez, reciba ás portas do Concello “ao representante dun estado racista e represor con todo o pobo”.

A manifestación foi promovida pola plataforma BDS Galicia (Boicot Desinversións e Sancións). Segundo declaraba Martiño Xosé Vázquez: “descoñecemos o obxectivo e o motivo para que o alcalde teña a desvergoña de abrir as portas do noso Concello ao representante dun estado racista, que mantén a ocupación, a colonización, o apartheid e que vulnera a legalidade internacional en relación aos dereitos do pobo palestino”.

Texto e fotos: Carlos Asensio.

Artigos relacionados

Back to top button