Na mañá deste domingo 3 de outbro a localidade da Rúa está sendo un gran foco deportivo. Dende as 8:45 horas está en marcha o 5º Gran Premio de Montaña organizado polo Club Atletismo Rúa, pero xa unhas horas antes comezaban a pasar os equipos participantes no campionato do mundo de aventura, Raid Gallaecia AR-World Championship.
A competición na que participan preto de 100 equipos con case 400 deportistas procedentes de 27 países comezaba onte pola mañá en Monforte de Lemos, e os deportistas entraban na provincia de Ourense na madrugada deste domingo por Valdeorras, atravesando parte do macizo central pola serra de Queixa ata Manzaneda, descenderán en kaiak polos ríos Sil e Miño ata O Ribeiro e continuarán en bicicleta.

Despois de pasar or Montouto e San Vicente, na Rúa entraron camiñando por Somoza atravesando a rúa central da vila rumbo aos codos de Larouco. Equipos formados por catro integrantes, de países como Dinamarca, Inglaterra, Francia, Italia e por suposto España (de Córdoba, de Madrid,…).
Trátase dunah das probas máis duras do mundo que se desenvolverá ata o 9 de outubro polas provincias de Lugo, Ourense e A Coruña.
Fotos: Mónica G. Bellver.