
Non irán a Toulouse (Francia), pero os dous equipos do IES Martaguisela do Barco de Valdeorras que participaban na final galega do Rally Científico Matemático celebrada o pasado venres na facultade de Química da USC, facíano realmente ben e lograban o segundo posto de Galicia nas súas respectivas categorías.
O grupo de 3º da ESO competía no Rally de Matemáticas mentres que o de 4º da ESO facíao no Rally de Física e Química.
Dende o centro barquense están moi orgullosos do resultado e felicitan tanto ao alumnado como ao profesorado por este éxito.