CulturaCulturaEntroido 2022Última hora

Os Fargalleiros participarán no “Peque-Entroido” da Rúa Vella, o martes 1 de marzo

A actividade está organizada pola Asociación Sabugueiro e conta coa colaboración dos Fargalleiros da Asociación Cultural A Ruada

Un grupo de Fargalleiros no último desfile de Entroido na Rúa, antes da pandemia./ Foto: Mónica G. Bellver.

 

Este ano tampouco haberá desfile de Entroido na Rúa pero dende a Asociación Sabugueiro decidían organizar un programa alternativo para o martes 1 de marzo, que terá aos cativos como principais protagonistas.

Así, o “Peque-Entroido” programa unha tarde divertida na Rúa Vella, saíndo en torno ás 16:30 horas da praza César Conti acompañando aos Fargalleiros para rematar no campo de San Roque cunha chocolatada con biscoitos.

Tal como explican dende a organización, haberá “música, baile e diversión” e para a chocolatada é imprescindible ir disfrazados (pais, nais, nenos e mascotas) e facer a inscrición (3 euros) antes do 27 de febreiro en O Colmado. Ademais, recomendan o uso de mascarilla “cando non se poida manter a distancia de seguridade”, din dende a Asociación Sabugueiro que para esta actividade  contan coa colaboración dos Fargalleiros da Asociación Cultural A Ruada.

 

Artigos relacionados

Back to top button