CulturaCulturaEducaciónÚltima horaVídeos

Os Festivais de Nadal do CEIP Julio Gurriarán volven encher o Teatro Lauro Olmo do Barco

 

Ano tras ano por esas datas o Festival de Nadal do CEIP Julio Gurriarán Canalejas enche o Teatro Lauro Olmo do Barco de Valdeorras. Non é para menos xa que os familiares queren ver e desfrutar cos bailes e representacións dos pequenos.

Son moitos os alumnos e máis aínda os familiares, mentres que o aforo do teatro é limitado, por iso, para evitar aglomeracións e incomodidades, este ano decidían facer os pases de Infantil e Primaria en días diferentes e dividir o de Primaria en dúas partes.

 

 

Na tarde do martes 12 de decembro subían ao escenario os nenos de Infantil mentre que hoxe tocáballe o turno aos maiores. No primeiro pase actuaban os de 1°, 2° e 3° despois de proxectar o vídeo de felicitación “A xente do Gurriarán”.

O segundo e último pase, ao que corresponden as imaxes da galería e os vídeos, era dos nenos de 4°, 5° e 6º. Houbo proxección, música, baile e teatro.

 

 

Fotos e vídeos: Mónica G. Bellver.

Artigos relacionados

Back to top button