Ata en tres ocasións vacía valer o voto de calidade da alcaldía a rexedora da Rúa María G. Albert no Pleno celebrado na noite do luns 2 de setembro, ao estar ausente a concelleira do PSdeG-PSOE. A primeira era a aprobación das actas das sesións anteriores (ordinaria e extraordinaria).
Tamén eran aprobados co voto de calidade os días festivos no concello da Rúa para o 2025: o martes de Entroido e o 25 de agosto (a petición da Asociación Sabugueiro para a celebración das Festas de San Roque). O Partido Popular votou en contra ao non estar dacordo co cambio na primeira data, pasando do luns das festas de verán como viña sendo para o Martes de Entroido. “Un cambio que non funcionou, cremos que se equivocaron e quedou demostrado este ano resultado un fracaso”, dixo o portavoz popular, Álvaro Fernández.
O terceiro punto da orde do día que era aprobado cos votos en contra do PP era a aprobación do inicio do expediente do convenio de colaboración coa Fundación Florencio Delgado Gurriarán. O Concello da Rúa participou no nacemento do movemento “As Letras de Florencio” sendo membro nato do Padroado.
Na sesión plenaria tamén eran aprobados, neste caso por unanimidade aínda que tras un longo debate, dous puntos relativos ao apartado económico: o peche e liquidación do orzamento da conta xeral do 2022 un suplemento de crédito por algo máis de 151.000 euros.
Fotos: Mónica G. Bellver