Os finalistas do Concurso de Ideas de negocio transfronteirizo, alumnos de Educación Secundaria e Formación Profesional, promovido polo INORDE a través do Proyecto Europeo CTC “Comunidade Territorial de Cooperación Transfronteiriza” realizan hoxe unha visita estudo á provincia de Ourense. Segundo o programa, visitarán o Parque Tecnolóxico de Galicia, a estación de Baños de Molgas-INORDE, onde realizarán unha serie de obradoiros e actividades relacionados co emprendemento, e completarán a xornada tomando contacto co Ourense-Termal no Balneario de Laias.
Mañá realizarán desprazaranse ata Portugal onde coñecerán InCubo, Incubadora de Iniciativas Empresariais Innovadoras, en Arcos de Valdevéz e ao día seguinte a StartupBraga, en Braga.
Os finalistas foron os proxectos presentados polos equipos do CPR María Inmaculada de Verín; do CIFP Portovello de Ourense; e do CPR Divina Pastora de Ourense. O gañador do concurso coñecerase na final que terá lugar este mércores 27 de xuño en Terras do Bouro, cun xurado formado por representantes españois, o xerente do INORDE e representantes do Val do Cávado e Alto Minho.