Galerías de fotosOurenseÚltima hora

Os floristas da Praza de Abastos agardan máis vendas para Todos os Santos

Din que a campaña deste ano será máis longa e avanzan que as reservas se adiantarán á fin de semana

O sector dos floristas traballa estes días arreo para dar satisfacción á demanda que se xera todos os anos por estas datas. Coa chegada do mes de novembro e o Día de Todos os Santos, todos buscan o centro floral adecuado para levar aos cemiterios e honrar a memoria dos seus. Así, no caso dos floristas da Praza de Abastos de Ourense son optimistas e agardan incrementar as vendas con respecto a outros anos. Explican que a campaña será máis longa ao caer o día 1 en martes e cren que as reservas se adiantarán á fin de semana, polo que haberá máis días para mercar.

Nestas estimacións, os profesionais que se apostan no mercado ourensán tamén falan do aumento dos seus planteis para dar cobertura a todo o traballo que xera a campaña. Así, confirman que doblaron o número de persoas nos seus establecementos co fin de “poder dar o mellor servizo aos clientes”. Co incremento de empregados, o sesctor pasa da vintena a ser máis de corenta.

Fotos: S.F.

Artigos relacionados

Back to top button