EconomíaEconomíaGalerías de fotosÚltima hora

Os floristas de Ourense aprenden a facer decoración floral civil e relixiosa

A recoñecida florista Soraya Rojo, campioa española de arte floral, compartiu hoxe, 30 de xaneiro, as súas ideas e técnicas cos floristas ourensáns. A Asociación de Floristas de Ourense (Aflor) organizou esta cita para facer un curso de “Decoración civil e relixiosa”, orientado a crear estruturas florais nas vodas oficiais.

Un total de 17 alumnos participaron neste curso que arrancou o pasado domingo, 28 de xaneiro, que se levou a cabo no Colexio Santo Ángel do Couto, en Ourense.

En canto a Soraya Rojo, é unha recoñecida profesional cunha gran traxectoria no sector. É técnico superior en artes plásticas e arte floral e mestra florista da Escola Catalá de Arte Floral. Entre as súas participacións en certames do sector, cabe salientar o seu primeiro posto a nivel nacional na copa Interflora (Valladolid, 2014), o que lle abriu as portas para representar a España na Copa do Mundo Fleurep-Interflora (Berlín, 2015).

 

Artigos relacionados

Back to top button