ConcellosEn portadaGalerías de fotosTrivesÚltima hora

Os fogos artificiais iluminan o ceo da Pobra de Trives

 

Desta vez si. Tralo cambio de data por mor da chuvia (estaban previstos para o día 13) e unha vez rematados os actos na honra ao Santo Cirsto da Misericordia, na medianoite do sábado 17 de setembro, en plena celebración da Dolorosa, o ceo da Pobra de Trives iluminábase cunha espectacular sesión de fogos artificiais. A xornada do sábado completábase co pasarrúas da charanga Fuego pola mañá e festa rachada pola tarde cos Festicultores Troupe, antes da actuación da orquestra Mar Azul.

 

 

Os fogos artificais eran o preludio do día grande das festas da Virxe das Dores que se celebra por todo o alto na xornada deste domingo 18 de setembro. O día abríase cun pasarrúas da banda de Celanova e ás 12 horas tiña lugar a misa e procesión amenizadas polo Orfeón Trivés e a banda que tamán dará un concerto na praza do Pilón (18:30h.).

O fin de festa correrá a cargo da orquestra Solara na rúa San Martín a partir das 21:30h.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button