Tras un recital de acordeóns e un pregón inaugural a cargo do actor valdeorrés Paco Campos, arrancaba na tarde do 2 de xullo un desfile que congregaba a media ducia de folións en Vilamartín. A comitiva abríana Os Viticultores, o folión anfitrión, despois viñan os de Carracedo da Serra (A Gudiña), o de Quintela de Edroso e Amigos (Viana do Bolo), así como os triveses de Os Labregos, A Caniceira, As Maceiras e o de Sobrado.
O percorrido pola vila concluía no mesmo pavillón municipal dende o que se partía. Despois tiña lugar unha pinchada e unha actuación musical. Este desfile foi organizado pola Asociación Cultural Folión Os Viticultores en colaboración co Concello de Vilamartín.
Fotos: Carlos G. Hervella.