A partir das 17h. do sábado 29 de febreiro comezaba na prazo do Prado de Castro Caldelas unha xuntanza de folións promovida polo Folión O Irrio desta localidade. Neste encontro, co que se completaba o programa deste Entroido na vila, participaban media ducia de folións.
Ademais do anfitrión, tocaban os folións A Caniceira (Trives), o de Chandrexa, Os Arrieiros (Petín) e Os Viticultores (Vilamartín).
Fotos cedidas pola A.C. A Caniceira.