CulturaCulturaÚltima hora

Os Furafollas volven a Córgomo (Vilamartín) polas ‘Noites de Florencio’

Onte pola noite propuxeron un espectáculo de teatro encontro e hoxe ao mediodía interpretarán 'A taberna canto conto’

 

Coma se non tivera pasado o tempo, na noite do venres 19 de agosto Os Furafollas volvían conquistar ao público no Córgomo natal de Florencio Delgado Gurriarán.

A agrupación de teatro barcelonesa liderada por Anxo Baranga colaborou dende o seu inicio nas Xornadas de Teatro de Córgomo que devolveron o poeta á actualidade e das que son herdeiras as ‘Noites de Florencio’ que chegan esta fin de seman á recta final.

A actuación deste venres comezana na Aira dos Bolos de Córgomo, onde o o público (unhas 70 persoas) foi convidado a percorrer a vila para ir atopando diferentes propostas escénicas nun novo teatro encontro con Florencio. Para iso, os seus integrantes (Blanca Cotado Galán; Leticia Rey Canalejo; Graciela Ortega; Daniel Regueiro; Ana Belén Real; David Magdalena; Mónica Claver; Xosé Manuel Conde; e Anxo Baranga) repartíronse por Córgomo para ir botando contos, favorecendo a interacción co público e a espontaneidade.

Os Furafollas volverán actuar hoxe na praza da Airas, a partir das 12:30 horas con outra proposta escénica ‘A taberna canto conto’, un formato tamén moi interactivo.

Ademais, as ‘Noites de Florencio’ continúan pola noite 21 horas na praza José Luis Núñez de Vilamartín de Valdeorras, con Aldaolado, dúo formado polas poetas Lucía Aldao e María Lado que levan xa unha longa traxectoria como escritoras e creadoras de diversos espectáculos escénicos nos que a poesía, a música en directo e o humor son a base. Nesta liña presentan ‘Furia Necesaria’ un título que se opón a esa imaxe de amor e tenrura da que tanto se abusa no xénero lírico, e que as poetas toman da obra de Lois Pereiro, de quen aprenderon que a rabia tamén pode dar bos versos.

Fotos cedidas.

 

Artigos relacionados

Back to top button