EconomíaEconomíaÚltima horaViticultura

Os godellos de D’Berna e Cepado e a garnacha tintureira de Sampayolo, premiados en VinDouro

Foto: Carlos G. Hervella.

 

“Valdeorras é a Denominación de Orixe galega máis premiada no Concurso Internacional de Viños VinDuero-VinDouro”, que vén de celebrar a súa 21ª edición. Así o destaca do seu consello regulador a través dunha nota de prensa.

O certame outorgou tres Arribes de Ouro aos viños valdeorreses, dous deles na categoría de Viños Brancos sen Crianza e un na sección de Tintos sen Crianza.

Estes son os viños galardoados con Arribe de Ouro:
• D´Berna Godello 2024, de Adega Guitián e Blanco, con 90 puntos.
• Cepado Godello 2024, de Adega Ou Cepado, con 90 puntos.
• Sampayolo Garnacha Tintureira 2024, de Adegas Sampayolo, con 90 puntos.

Os Premios VinDuero-VinDouro son un importante e consolidado certame internacional de viños de España e Portugal que naceu no ano 2005. O concurso rende homenaxe ao viño como un valioso e representativo produto da diversidade cultural e patrimonial de ambos os lados da fronteira.

Más de 60 catadores de prestixio internacional contribúen ao éxito do concurso polo seu rigor e profesionalidade. Ademais, os galardóns outorgados plásmanse nas Guías dos Mellores Viños de España e Portugal, editadas en español, portugués, francés e inglés.

Grazas ao patrocinio da Organización Internacional da Viña e o Viño (OIV), estes galardóns sitúanse no top dos concursos deste tipo, o que supón unha aposta segura de promoción dos viños participantes a nivel mundial.

Back to top button