CulturaCulturaEducaciónÚltima hora

Os IES Lauro Olmo do Barco e Xermán Ancochea de Trives, entre os centros nos que se instalarán placas solares

IES Lauro Olmo do Barco.

 

A Xunta de Galicia ten licitada a instalación de placas solares en 61 centros en toda Galicia, para o que investirá un total de 1,7 millóns de euros, entre os que están o IES Lauro Olmo do Barco de Valdeorras e o IES Xermán Ancochea Quevedo da Pobra de Trives.

“Con elas prevemos un aforro medio do 30% do consumo, cifra que variará en función do gasto enerxético de cada un”, en palabras do conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, quen destaca que, deste xeito, “avanzamos nun dos obxectivos principais do Plan de Nova Arquitectura Pedagóxica, que é o de acadar uns centros educativos máis eficientes e respectuosos co medio ambiente”.

O custo medio de cada instalación fotovoltaica é de 28.000 euros, importe que varía lixeiramente en función do centro.

 

Fachada principal do IES Xermán Ancochea.

Artigos relacionados

Back to top button