Nova xoranda de baloncesto en Calabagueiros. Na tarde deste domingo 27 de novembro disputábanse dous importantes partidos para o MV Barco que se resolvían con resultados dispares.
O equipo júnior masculino que adestra Patricia Gómez gañábanlle 63 – 61 ao líder da categoría nun emocionante partido ante o Almacenes Gamallo Xinzo.
O partido dos séniors tamén se resolvía cunha diferenza de 2 puntos pero neste caso en contra. Ao final, MV Barco 58 Abrente Val de Lemos 60.
Na galería podemos ver imaxes do partido dos júniors, mentres que a dos séniors vémolas baixo estas liñas.
Fotos: Lois Prada.