BaloncestoDeportesÚltima hora

Os júniors do MV Barco impóñense con autoridade ao CB Allariz no Polideportivo de Calabagueiros

 

Fin de semana positivo en canto a resultados para os equipos do MV Barco. O último en competir era o júnior masculino, adestrado por Patricia Gómez, que na tarde do domingo 27 de outubro vencía con autoridade, 77-32, ao CB Allariz no Polideportivo de Calabagueiros. Un par de horas antes, no mesmo pavillón, o equipo infantil masculino do MV Barco vencía 74-45 ao AB Xinzo. Na xornada do domingo tamén xogaba o equipo sénior que perdía 74-53 contra Blanco Amor no Pavillón Universitario de Ourense.

 

 

Na xornada do sábado, o equipo cadete masculino do MV Barco vencía 48-40 ao CB Val de Lemos no Pavillón Río Cabe de Monforte. Nesta fin de semana tamén xogaban os equipos benxamín mixto, alevín masculino e alevín feminino.

As fotos son do partido dos júniors.

 

Artigos relacionados

Back to top button