BaloncestoDeportesÚltima hora

Os júniors do MV Barco vencen a domicilio no último partido do ano

Co 38-53 se resolvía o partido disputado na cancha do Val de Lemos

 

Na  fin de semana do 17 e 18 de decembro remataba o MV Barco a competición deste 2022, con dobre vitoria. Por unha banda a que conseguía o equipo sénior na cancha do Depordima ao que superaba por 42-79; por outra a do equipo júnior masculino que nesta xornada (a 7ª da súa liga) xogaba na cancha do Val de Lemos onde gañaba 38-53.

 

Partido dos júniors Val de Lemos-MV Barco.

 

Fóra de casa tamén xogaron os alevíns (en Allariz) e os benxamíns (en Verín), sendo o equipo cadete feminino o único que xogaba en casa, perdendo por un só punto (47-48) no pavillón de Calabagueiros, no Barco de Valdeorras, ante o CB Allariz.

Fotos do partido dos júniors: Lois Prada.

Artigos relacionados

Back to top button