CulturaCulturaÚltima hora

“Os Labregos” de Trives volven reunirse para celebrar o magosto

 

A tradición do magosto volvía xuntar aos integrantes da Asociación Cultural Os Labregos de Trives na tardiña do 19 de novembro, logo de moitos meses sen reunirse por mor da situación sanitaria.

 

 

Esta celebración desenvolvíase no local desta entidade, na escola de Castro, e os asistentes desfrutaban dunha cea na que, ademais das tradicionais castañas, degustaban churrasco, acompañado por diversos produtos de Trives, entre eles a bica, e diversas bebidas.

Fotos cedidas pola Asociación Cultural Os Labregos.

Artigos relacionados

Back to top button