No Edificio Multiusos da Mezquita arrancaba na maña deste sábado 5 de xuño o primeiro capítulo de “Latexos do rural no Camiño”, a peregrinación artística dirixida por Rubén Riós con protagonistas locais de diferentes ámbitos do rural ourensán. Un percorrido pola fotografía, a poesía, a música, a pintura, o teatro e mesmo a moda, co Camiño de Santiago como fío condutor.
Os primeiros eran a acuarelista Paulinha D´Arzoá –historiadora do arte e acuarelista, dun pequeno municipio de Vilardevós- e o fotógrafo apaixoado do Camiño de Santiago Ramón Fernández, cuxas obras podían verse expostas durante toda a xornada. En torno á media mañá tocáballe o turno a Carmen Rivero Gallego que puxo voz aos seus propios poemas acompañada pola performance de Paulinha D´Arzoá, unha interpretación de pintura dos versos da poeta lazana que xa ten editados varios poemarios.
O teatro chegaba xa pola tarde da man do actor Santi Cañaveral quen presentou unha peza inédita sobre a súa viaxe espiritual e introspectiva no Camiño; a nota musical virá da minibanda e banda do Conservatorio Profesional de Música de Verín cunha actuación no exterior do Multiusos.
Nese mesmo espazo era o modisto vianés Jorge Álvarez quen poñía o toque de moda e beleza, cun novidoso desfile coa súa colección exclusiva inspirada na relixión e o Camiño de Santiago.
Entre os asitentes, moita xente nova e tamén o alcalde da Mezquita, Rafael Pérez, entre outros. A seguinte parada da peregrinación será Riós, coas actuacións o vindeiro sábado 12 de xuño, no Edificio Multiusos e na praza do Concello.
“Latexos do rural no Camiño” parte da idea de crear un festival itinerante para dar voz a esas artistas rurais quen nas súas obras. “Hai moita paixón e creatividade: unha ferramenta salvadora nestes momentos que nos toca vivir, non só para comunicarnos e xerar esperanzas, senón tamen para dar a coñecer o noso ó mundo”, en palabras do director, Rubén Riós. Trátase a iniciativa desenvolvida no Marco do Programa “O teu Xacobeo” nace co obxectivo de promocionar a arte no Camiño Sanabrés da Vía da Prata, en localidades que apenas conta cun milleiro de habitantes.
Fotos e vídeo: Carlos G. Hervella