ConcellosGalerías de fotosManzanedaÚltima hora

Os máis pequenos acompañan aos Reis Magos pola vila de Manzaneda

 

Cheos de ilusión, os nenos de Manzaneda acompañaban esta tarde polas rúas da vila aos Reis Magos recén chegados de Oriente. Melchor, Gaspar e Baltasar se  apeaban ás inmediacións co CEIP de Manzaneda sobre as 18:30h. da tarde.

Despois subíanse nun remolque engalanado, enganchado a un tractor que percorría as rúas da vila, repartindo caramelos. Ía precedido polo vehículo de Protección Civil de Manzaneda. Ademais os Reis eran acompañados polo alcalde de Manzaneda, Amable Fernández, e seguido de nenos e maiores ata o Centro de Día. Despois, servíase un chocolate quentiño para os participantes.

Fotos: Clemente Pérez.

 

Artigos relacionados

Back to top button