DeportesGalerías de fotosÚltima hora

Os máis pequenos do C.D. Rúa defenden o seu posto na Copa Deputación

Publicidade
O equipo prebenxamín mixto vecía 4-2 ao Calasancio na segunda xornada da competición

Teñen entre 6 e 8 anos e acaban de comezar a competición, pero xogan ao fútbol coma se levasen moito tempo sobre o céspede. Son os prebenxamíns do C.D. Rúa que se introducían na competición federada hai apenas un mes, na Copa Deputación de Ourense.

Da man do adestrador, Luis Ferrer, os máis pequenos do Rúa están encadrados no grupo 3 xunto a outros cinco equipos da provincia: U.D. Ourense, A.D. Bosco, C.F. Monforte, E.D. Ourense “B” e C.P. Calasancio.

Ata o momento levan dous partidos oficiais disputados e dos dous saían vitoriosos. No primeiro vencían por 3 goles a 5 no campo do Ourense “B” e no segundo, disputado na mañá do 8 de abril no Aguillón da Rúa, volvían ganar, desta volta contra o Calasancio.

Os cativos do Rúa comezaban dominando o encontro chegando ao descanso co 3-2 no marcador (goles de Suso en dúas ocasións e de Íker). E xa na segunda parte o cuarto gol local (de Daniel) sentenciaba o encontro co 4-2 final.

Con este resultado, a falta de que xoguen os demais equipos, o C.D. Rúa lidera a clasificación con 6 puntos.

Fotos: Mónica G. Bellver

Artigos relacionados

Back to top button