CulturaCulturaEducaciónÚltima hora

Os menores de idade de Trives disporán de 30 euros para mercar libros e material escolar

O Concello lanza un bono ao que terán dereito as persoas de entre 0 e 18 anos e que deberá ser gastado integramente en establecementos da vila

Diverso material escolar e libros./ Foto: A.R.

 

O Concello da Pobra de Trives vén de anunciar a posta en marcha dun bono por importe de 30 euros para animar á lectura entre os menores de idade do municipio, aínda que parte do mesmo tamén poderá adicarse a adquisición de material escolar. O único requisito para beneficiarse do mesmo é figurar no padrón municipal e a única condición é que debe ser gastado en establecementos da vila.

A solicitude poderá realizarse tanto de forma online como presencial na propia Casa Consistorial, facilitando o acceso á axuda de quen teña dificultades para facelo de forma telemática. Os detalles poderán consultarse nas bases da axuda que se publicarán en breve no boletín oficial da provincia.

Deste xeito, o goberno local garante que todas as persoas de menos de 18 anos da localidade podan dispor deste bono. Basta con estar no padrón municipal. Iso si, unha vez recibido deberá ser gastado en establecementos do propio municipio de Trives, ben sexa adquirindo libros ou material escolar, pois o segundo obxectivo desta iniciativa é precisamente impulsar o comercio local e apoiar ás librarías e negocios triveses.

A alcaldesa de Trives, Patricia Domínguez, destacou que esta medida “busca, principalmente, promover a lectura entre os máis novos e facelo de forma igualitaria, sen discriminación e respectando a privacidade dos menores e as súas familias”.

Back to top button