CulturaCulturaMúsicaÚltima hora

Os mozos da Banda de Música do Rosal actúan este sábado en Quiroga

Publicidade

 

Quiroga acollerá este sábado un concerto dos membros máis novos da banda de música do Rosal. A Agrupación Musical participa no programa “Música, natureza e patrimonio” da Iniciativa Xove da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado da Consellería de Política Social.

A través deste programa, esta fin de semana, un grupo duns 40 mozos/as con idades comprendidas entre os 12 e 30 anos, dos compoñentes máis novos da banda de música da Agrupación Musical do Rosal desprázanse a Quiroga para realizar diversas actividades.

Durante a súa estancia combinarán actividades na natureza como andainas e paseos para coñecer o espazo natural, visitas a monumentos e outros centros de interese, así como a práctica de deportes acuáticos. Ademais de actividades musicais consistentes na realización dun concerto que será ofrecido a toda a poboación de Quiroga de xeito totalmente gratuíto o sábado 3 de setembro ás 20:00 h. na Praza Rúa Lago.

Artigos relacionados

Back to top button