Dende as catro e ata as oito e media deste luns, celébrase no pavillón poldeportivo do Aguillón, na Rúa, o cribado poboacional de Covid-19, mediante test de antíxenos, para veciños deste municipio e para os de Petín, Vilamartín de Valdeorras, Larouco e O Bolo.
É a terceira vez no que vai de pandemia que este pavillón acolle un cribado de coronavirus e nesta ocasión estaban convocados 800 xoves (algúns mediante autocida e o outros convocados dende o Sergas) de entre 12 e 39 anos, segundo os datos facilitados polo persoal sanitario.
En total son cinco os sanitarios que están facendo os test e outros dous tomando os datos. Igual que noutras ocasións o operativo estivo controlado pola Policía Local da Rúa e por voluntarios de Protección Civil.
Tal como informan os propios sanitarios, o goteo de xoves foi contante durante toda a tarde, pero sen aglomeracións nin colas, e ás 17:30 horas pasaran xa uns 130, todos negativos.
Fotos: Mónica G. Bellver.