
Dende a delegación episcopal de Pastoral Xuvenil convoca a mozos de toda a diócese, entre eles os de Valdeorras, Viana e Trives, á XXXVIII Xornada Diocesana de Adolescentes e Novos. “Nesta ocasión, o noso bispo, D. Jesús, convócanos para celebrar xuntos o Xubileu Diocesano”, puntualiza o delegado Luis Fernández Olivares, os días 29 e 30 de marzo en Astorga baixo o lema Testemuñas da Esperanza, xa que se tratase dun encontro moi testemuñal cun programa moi completo e cheo de actividades orantes, culturais e lúdicas.
“Durante toda a fin de semana, contaremos coa presenza da artista Jaqui Lin, concursante do programa televisivo Factor X a pasada tempada que compartirá connosco o seu testemuño e, por suposto, a súa música en diferentes momentos”, di Fernández Olivares.
Poden participar adolescentes e xoves a partir de 1º ESO (inclusive) ata os 30 anos. “A fin de poder telo todo ben preparado a nivel loxístico é imprescindible confirmar asistencia antes do martes 25 de marzo”, di o delegado episcopal animando a todos a participar, “xa que será unha xornada moi diferente e especial, que preparamos con moito esforzo, cariño e ilusión, en colaboración con otras realidades e instituciones”.





