ConcellosParada de SilÚltima hora

Os nenos de Parada de Sil reciben a visita de Papá Noel

Chegaba a esta localidade na tarde deste 24 de decembro por vez primeira

 

Os máis pequenos do municipio de Parada de Sil xuntábanse con moita alegría a partir das 18h. deste 24 de decembro no salón de plenos do Concello para recibir unha visita moi especial. Por primeira vez Papá Noel facía unha parada neste municipio para saudar aos seus nenos e nenas.

No encontro os cativos podían saudalo, entregarlle as súas cartas e tamen se facían fotos con el.  Ademais había chocolate quentiño para todos os asistentes. Esta visita foi posible pola colaboración dos Noviñ@s de Parada de Sil, a ANPA do seu centro escolar.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button