CulturaCulturaEducaciónÚltima hora

Os nenos do CEIP Manuel Respino da Rúa achéganse á ciencia

A ANPA deste centro escolar organizaba na mañá do 6 de abril un obradoiro impartido por “Ciencia en ruta”

De forma lúdica e moi divertida os alumnos do CEIP Manuel Respino da Rúa mergullábanse no mundo da ciencia na mañá do 6 de abril. Entre as 10h. e as 14h. participaban nunha singular actividade educativa, organizada dende a ANPA deste centro educativo.

Ademais de escoitar as explicacións do monitor de “Ciencia en Ruta” e de coñecer como funcionan certos inventos, despois poñían en práctica eses coñecementos. Primeiro descubrían o concepto de densidade e como inventores como o galego Isaac Peral ideaban e construían un submariño. Deseguido construían, por grupos, un submariño con materiais como palliñas e globos, e comprobaban o seu funcionamento nun acuario.

A segunda parte deste obradoiro tiña relación coa exploración espacial, introducindo aos máis pequenos no mundo da astronáutica. Logo dunha pequena exposición, os rapaces traballaban xuntos para facer uns cohetes que, no momento final do taller, se lanzaban, comprobando dese xeito o seu traballo e constatando as leis nas que se baseaban eses voos.

Esta é unha das numerosas actividades que está desenvolver neste curso a ANPA do CEIP Manuel Respino e que terán continuidade con novas propostas nos vindeiros días.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button