EconomíaEconomíaEn portadaÚltima hora

Os nenos poderán ser cociñeiros por un día na nova campaña do Barco CCA

Celebrarase o venres 2 de setembro, a partir das 18 horas, na praza Maior do Barco

Foto: Mónica G. Bellver.

 

O Centro Comercial Aberto (CCA) O Barco estrea campaña a finais de agosto. Organizará unha orixinal iniciativa dirixida a un público familiar e infantil na que a gastronomía é protagonista: o primeiro Minichef Obarcoaberto.

A campaña expón a elaboración, en directo, de dúas receitas de cociña, unha torta de galletas e un cóctel de froitas, que os participantes levarán á súa casa. A empresaria Darlene Dobao, de Pastelería A Casiña, será a encargada de guiar aos minichefs, que contarán coa axuda da súa nai, pai ou titor/a durante a elaboración. A todos os participantes entregaráselles un mandil e todo o material e ingredientes necesarios para a elaboración de ambas as receitas.

 

 

O Minichef Obarcoaberto celebrarase o venres 2 de setembro, a partir das 18:00 horas, na Praza Maior do Barco. As inscricións na actividade realizaranse na oficina do CCA O Barco (rúa España, 1) do 25 de agosto ao 1 de setembro, en horario de 8:00 a 15:00 horas, presentando un ticket de compra ou consumición dos establecementos asociados (con datas do 25 de agosto ao 1 de setembro).

Haberá un máximo de 30 prazas. Os menores participantes, de idades comprendidas entre os 6 e os 14 anos, deberán estar acompañados en todo momento da súa nai, pai ou titor/a. Trátase dunha acción nova que busca implicar aos establecementos asociados e ofrecer unha alternativa de lecer para os máis pequenos que se converterán en chefs durante unhas horas.

Artigos relacionados

Back to top button