O Barco Centro Comercial Aberto (CCA) vén de poñer en marcha neste 21 de decembro a súa campaña de dinamización para celebrar o Nadal coa apertura da Casa de Papá Noel na praza do Concello. Así tanto hoxe como o xoves 22 de decembro, de 17:00 a 20:00 horas, “a nosa Casa de Papá Noelabreas súas portas para que os máis pequenos poidan deixar as súas cartas a Papá Noel na nosa caixa de correos, que estará custodiado por un elfo”, segundo esta entidade que preside Jacobo Arias.
Entre todas as familias que entreguen a súa carta sortearase un vale de 50€ para investir no comercio local. As cartas tamén poderán entregarse os días 23 e 24 de decembro.
O venres 23 de decembro chegará Papá Noel á Praza do Concello para instalarse na súa casa de Nadal, en horario de 11:00 a 13:30 horas e de 18:00 a 20:00 horas. Todo o que queira poderá achegarse á Casa de Papá Noel para sacarse unha foto gratuíta no fotomatón do Barco CCA.
Fotos: A.R.