ConcellosÚltima hora

“Os nove concellos de Valdeorras imos defender os postos de traballo de Irosa e Samaca”

Así o aseguraban tanto a alcaldesa de Carballeda como o alcalde en funcións do Barco, que participaban na manifestación espontánea do persoal destas empresas esta tarde na vila barquense

 

Á manifestación espontánea que a primeira hora desta tarde realizaban os traballadores de Irosa e Samaca polo centro do Barco sumábanse a alcaldesa de Carballeda de Valdeorras, María Carmen González, e o alcalde en funcións do Barco, Aurentino Alonso. “Esta é a situación, obreiros, que espontaneamente saen deste xeito e que, por suposto ,eu estou con eles, para defender o seu pan, o seu salario, para que poidan chegar a fin de mes e poida vivir con dignidade a súa familia”, dicía a rexedora.

Así mesmo, María Carmen González insistía en que nin ela, nin a sociedade valdeorresa entende o acontecido esta mañá. “Eu creo que aínda que houbera algún erro xudicial ou xurídico, iso todo ten que solucionarse. O que eu reivindico, ademais con todo o apoio dos meus compañeiros alcaldes, dos nove concellos de Valdeorras, é que esta xente ten dereito a traballar e que temos que axudar para que esa empresa siga dando un traballo digno a esta xente”, engadía.

Neste senso, a alcaldesa de Carballeda aseguraba que “a empresa xa fixo expediente da expropiación e eses terreos hoxe son dela, entón parécenos a todos algo irracional que algo que xa é dela llo veñan a levantar, non o entendemos. É algo que a sociedade de Valdeorras non entende. Non sei de quen é o erro, o que si é certo é que non pode haber esta xentiña na rúa, temos que ser suficientemente sensatos para que se solucione o problema sen que a xente quede sen traballo”.

 

 

De maneira similar se manifestaba o tenente de alcalde do Barco, Aurentino Alonso. “Imos sacar un comunicado conxunto os concellos da comarca, e o fundamental é que hai que defender uns postos de traballos que agora están en perigo, que non se sabe o tempo que vai supor isto, pero o que é evidente que supón un golpe moi grande para a comarca porque son moitas familias as que viven non só directamente, senón indirectmente destas empresas. O que pedimos é que isto se resolva o máis urxente posible e que se axilice a solución, que xa estaba medio encamiñada”.

Neste senso, a alcaldesa de Carballeda aclaraba que “hai unha expropiación, que din foi levantada, que os terreos están expropiados e pagados, polo tanto son titularidade da empresa. Entón ninguén entende como se pode desafiuzar algo que xa é do dono, ten que haber un malentendido non sabemos de quen. Pero o que si dicimos é que os alcaldes de Valdeorras non podemos permitirnos o o luxo de que case 300 traballadores directos, e a maiores os indirctos, queden con problemas económicos a fin de mes por esta actuación”.

Artigos relacionados

Back to top button